Pito pastoril

Como instrumento con entidade propia debemos entender que, aínda que la dixitación á casi identica á da gaita, ten algunhas diferencias. as máis salientables son o mi-b con dobre furado en lugar da posición en tranquilla da gaita, e o do agudo que deberemos executarlo na posición de aberto, é dicir todos os furados abertos. Po lo demáis é un instrumento da familia das frautas de pico ou bisel, coas que comparte estructura constructiva e características xerais. Por outro lado facilita o aprendizaxe tanto da gaita en si, como de novo repertorio, e ensaio.
Ata o momento podo construilos en catro tonalidades: RE, DO, SI-b y SOL

modelo "LUGO"

Este modelo respecta intacto o deseño feitoo por Antón Corral nos seus primeiros anos do seu traballo na recuperación deste instrumento. O nome do modelo é un recoñecimento á cidade onde Antón montou o  seu primeiro obradoiro e onde desenrrolou os primeiros anos da súa vida profesional.

modelo "VIGO"

Estética redeseñada, con apariencia máis perto á das frautas de pico clásicas.
O nome responde á  cidade onde me establecín laboralmente hai varias décadas.

modelo "COMPOSTELA"

Recentemente teño incorporado un novo deseño, de liñas máis limpas e suaves, buscando unha recreación dos pitos máis antergos , baseado nos que construía o artesán Basilio Carríl a mediados do século XX. Na súa memoria, este modelo denomínase COMPOSTELA, por ser nesta cidade onde tiña o seu obradoiro.

Pito pastoril en RE

Pito pastoril en DO

Pito pastoril en SI-b

Pito pastoril en SOL