Carlos Corral naceu en Lugo no ano 1965, no seo dunha familia vencellada dende sempre coa música tradicional, xa que o seu pai, Antón Corral, dende muy neno comenzou a tocar a gaita e posteriormente dedicou a súa vida á investigación e docencia no mundo da construcción de instrumentos tradicionais.

Con 9 ou 10 anos aprende a tocar a gaita dentro do ámbito familiar, e a partires de ahí toda a súa vida xiraría en torno á música tradicional. Aos 14 anos comenza a aprender o oficio da construcción artesanal de instrumentos, durante unha pequena etápa da familia na localidade coruñesa de Ortigueira, sendo o seu mestre o seu pai Antón.
Con 16 anos xa traballa no obradoiro da Cooperativa de Artesáns Soutelo de Montes en Lugo, xunto con Antón Corral, Ramón Casal e Sito Carracedo. De aquí, sempre con Antón e Ramón trasládase a Vigo, con 18 anos para, baixo a dirección de Antón, formar parte do Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos da Universidade Popular de Vigo (hoxe Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo), impartindo clases de construcción de instrumentos, onde continúa hoxe, despois da xubilación de Antón, responsable da sección de instrumentos de vento tradicionais.

Durante todos estes anos de docencia, tamén houbo lugar para a música. Foi uno dos creadores do traballo audiovisual Instrumentos Musicais Populares Galegos, onde con Carlos Núñez e Anxo Pintos entre outros músicos graváronse tres LPs, cun libro no que se explican as características dos instrumentos e unha serie de diapositivas.
 Ao mesmo tempo foi membro da Banda de Gaitas Xarabal coa que gravou o disco homónimo. Por outra parte foi membro fundador do grupo TRISQUEL, co que gravou tres discos: "O Chapeu de Merlín", "Amandi", e "Alicia en el país de las maravillas", coa banda sonora da obra de teatro do mesmo nome que foi composta e gravada por encargo da compañía madrileña Factoría Teatro.
Despois de Trisquel fundou o grupo de Folk-fusión VALIGAI co que gañou o premio da Canción Galega da Xunta de Galicia e gravaría un CD promocional.
Do mesmo xeito fundou, xunto a Nancy Mouriño e Francisco Sánchez, a revista de música folk NA GAITS, da que foi director ata a súa desaparición, e da que sairon á rua 10 números, nun principio con periodicidade trimestral e logo bimensual.
Na actualidade deixa a música activa para dedicarse de cheo á docencia e á construcción profesional de instrumentos.